9.5.24

PREPARANDO AS LETRAS GALEGAS 2024


Este ano a Real Academia Galega dedica o Día das Letras Galegas á autora e música coruñesa Luísa Villalta. Velaquí algúns recursos para coñecela.


Neste vídeo o alumnado de 5º do Colexio San Pío X achéganos a esta muller tan activa a prol da lingua.

Recomendámosvos ler esta biografía adaptada á rapazada titulada "Violino, inglesa e o libro xigante", que está web de Primavera das Letras.


E agora que coñecemos á autora homenaxeada, toca traballar!

No porche principal hai unha exposición dos carteis gañadores do concurso que fixo o alumnado do CEIP Raquel Camacho.

Premendo na imaxe inferior iredes a unha morea de actividades interactivas e fichas para colorear relacionadas con Luísa Villalta da web PRIMAVERA DAS LETRAS.

E tamén o Seminario Galán oferta moitas actividades diversas para todos os cursos.



Para rematar, non esquezades que este curso no CEIP Plurilingüe O Pombal organizamos un certame literario para alumnado e familias co que queremos celebrar as Letras Galegas. Animádevos a participar!





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentario en proceso de revisión. Grazas!