16.5.24

CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS 2024

Este ano no CEIP Plurilingüe O Pombal celebramos o Día das Letras Galegas cun acto colexial conxunto cheo de cultura e moito galego que rematou coa entrega de premios do Certame Literario que este ano estreamos.

A celebración comezou con música tradicional galega da man de Xulia e Xoán, alumna e alumno do cole, e Leo, exalumno que aceptou o noso convite. O trío deixou abraiado ao público coas súas voces, co seu ritmo e co dominio da pandeireta. Velaquí unha pequena mostra...

Deseguido as clases de 2º levaron a cabo un recital poético en galego e os de 3º Primaria representaron un conto do que fixeron partícipe a tod@s, pois unímonos con palmas e seguindo o ritmo.
Para finalizar, que mellor xeito de celebrar o Día das Letras que animando a escribir na nosa lingua. Como o alumnado de 6º remata este curso no colexio tivo o privilexio de anunciar ao alumnado premiado no certame literario: Carmen, Lucía, Samuel, Sara, Xulia e Giorgina.
Tamén as familias recibiron un agasallo: Gabriela, a nai de Elíezer, Sonia, que representou a Víctor, pai Sara e Erick, Ana, nai de Mar e Iago , e as irmás Giorgina e Cecilia, en representación do seus avós Dulce e Selo.

A iniciativa do Certame Literario tivo boa acollida, pois case 50 nenos e nenas e varias familias animáronse a escribir poemas, contos, relatos e historias en galego, deixando claro que a nosa lingua está viva e que a imaxinación é un idioma universal que non entende de barreiras lingüísticas.
O acto rematou cun "Viva Galicia!", porque no Pombal queremos:
que a nosa lingua
continúe viva!





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentario en proceso de revisión. Grazas!