Este ano dedícase o Día das Letras Galegas ao escritor valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán.
O autor naceu en
Córgomo (Vilamartín de Valdeorras) o 27 de agosto de 1903 e finou en Fair Oaks
(California) o 14 de maio de 1987.
En México fundou a revista Vieiros, con Luís
Soto e Carlos Velo, a Fundación do Padroado da Cultura Galega, a Irmandade
Galeguista e o Ateneo de Galicia.
A súa obra está
recollida nos libros Bebedeira (1934), Galicia infinda (1963), Cantarenas.
Poemas (1934-1980) (1981) e O soño do guieiro (1985).
Tamén se encargou
da selección e tradución de poemas franceses incluídos en Poesía inglesa e
francesa vertida ao galego (1949) e da tradución de Cemiterio mariño de Paul
Valéry.
A Real Academia
Galega acordou dedicarlle o Día das Letras Galegas do ano 2022 fundamentalmente
pola súa obra poética e pola súa defensa e militancia en prol dos valores
democráticos.
Para coñecer máis da interesante vida deste autor recomendámosvos que visitedes a páxina da Real Academia Galega da Lingua, Primavera das Letras (pincha na seguinte imaxe), onte atoparedes unha biografía escrita por Ledicia Costas e ilustrada por Blaca Millán.
E tamén na páxina da Real Academia Galega, a serie documental: O soño da Galicia Infinda.

Da man do Seminario Galán (pincha na seguinte imaxe) atoparedes, como cada ano, interesantes propostas para profundizar na vida e na obra de Florencio Delgado.

Podemos incluso atopar unha biografía en pictogramas:

Para saber máis da súa obra, non podemos deixar de visitar a páxina: As Letras de Florencio:
