7.5.24

CELEBRAMOS OS MAIOS 2024!

No Pombal volvimos celebrar a tradicional festa galega dos Maios para dar a benvida á primavera. Grazas á imprescindible colaboración das familias, do alumnado e do profesorado construímos o noso propio Maio ao que cantamos coplas, como se facía tradicionalmente nas aldeas galegas.

O profesorado do centro tamén se animou a cantar pedindo nunha copla reivindicativa que o Concello de Vigo asuma as súas obrigas e nos proporcione unha persoa conserxe e mellore as eivas no servizo de limpeza que vimos denunciando.

Velaquí un vídeo sobre a creación do Maio e a letra da copla reivindicativa! (se o vídeo falla proba en Youtube)


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentario en proceso de revisión. Grazas!