2.2.21

 

  Prácenos anunciar a convocatoria do IV Concurso de microrrelatos da Real Academia Galega e PuntoGal, aberto á participación de persoas de todas as idades.

Contémplanse tres categorías: 

- infantil

- xuvenil 

- adultos. 

En total, repartiranse 9 premios ás mellores historias de ata 200 palabras.

 1º Premio

  • ADULTOS: Un MacBook Air 13.3 SG/1.6GHZ, un lote de libros da Real Academia Galega, un dominio .gal de balde durante un ano e un lote de publicacións da revista Luzes.
  • XUVENIL: Play Station 5, un lote de libros xuvenís e un dominio gratuíto .gal durante un ano.
  • INFANTIL: Lego Boost e un lote de libros infantís.

2º Premio

  • ADULTOS: Un Kindle, un lote de libros da Real Academia Galega, un dominio .gal de balde durante un ano e un lote de publicacións da revista Luzes.
  • XUVENIL: Kindle, un lote de libros xuvenís e un dominio gratuíto .gal durante un ano.
  • INFANTIL: Unha tableta e un lote de libros infantís.

3º Premio

  • ADULTOS: Un lote de libros da Real Academia Galega e un lote de publicacións da revista Luzes.
  • XUVENIL: Un lote de libros.
  • INFANTIL: Un lote de libros infantís.

 O prazo para participar no concurso permanecerá aberto do 1 ao 28 de febreiro.

Agardamos que algúns membros da Comunidade educativa se animen a participar e acadan algúns dos premios.

Saúdos cordiais

 

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentario en proceso de revisión. Grazas!