3.5.19

Os maios 2019



Estimadas familias:

Os Maios son unha festa das máis fermosas da tradición galega estreitamente relacionadas coa chegada da primavera.
Dende a escola imos comezar os preparativos da Festa dos Maios e para iso precisamos da vosa colaboración.
Construiremos o noso maio e precisamos que traiades algúns destes elementos naturais: FIUNCHO, XESTAS, MARGARIDAS, ROSAS, CAMELIAS, PAMPULLOS, CALAS…..
Este material deberá traerse á escola o luns 6 de maio  ou martes 7 de maio e será depositado nas caixas que estarán colocadas no patio na zona do areeiro entre os dous edificios.

Grazas pola vosa colaboración.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentario en proceso de revisión. Grazas!