27.1.19

Cociñando contos

Mamá Cabra é un grupo de música infantil que naceu no ano 2000 coa publicación do seu primeiro traballo “Cantos Rodados”, no que musicaban a poetas recoñecidos como : Gloria Sánchez, Concha, Blanco, Ana María Fernández, Antonio G. Teijeiro… Naceu co obxectivo de facer cancións con propostas divertidas e participativas que favoreceran a aprendizaxe musical en galego. Dende ese primeiro traballo foron saíndo espectáculos e publicacións como “Cantando comigo”, “Tan só con leres un libro” que levou o premio da SGAE á mellor canción en galego de 2006, “Cartas que veñen e van” baseado en cancións de Susa Herrera, “Ola, Ola”, “Bicos de música”, “Xa me tardan estes Magos”, “Estación Nadal”, “Eu cociño, ¿ti cociñas?” traballos publicados coa editorial Galaxia, que configuran unha discografía que sempre busca empregar a música como escusa de aprendizaxe. No 2017 publicouse o libro-cd “Eu cociño, ¿ti cociñas? froito dunha colaboración nun proxecto de cociña en educación infantil no Ceip de Sigüeiro. “Eu cociño, ¿ti cociñas?” Propón unha metodoloxía innovadora onde a cociña e a alimentación saudable se converten no medio perfecto para traballar diferentes aspectos curriculares e desenvolver as competencias básicas dos alumnos e alumnas. Eu cociño, ¿ti cociñas?” conta cun blog onde recollen a diario todas as súas experiencias. Alí tamén se suben as receitas gravadas en vídeo onde os protagonistas son os máis pequenos, que nos guían en todo o proceso de elaboración, dende a escolla dos ingredientes ata a presentación final.
  PREME NESTE TEXTO e visita o seu blog.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentario en proceso de revisión. Grazas!