9.12.18

Achegas das familias : Polo San Martiño, mata o teu porquiño.


O porco na culura popular galega

A mata do porco, tamén denominada matanza
Representa —sobre todo noutras épocas— a principal fonte de abastecemento de carne da familia rural para todo o ano, ademais de constituír, xunto co Entroido, unha das formas máis representativas da cultura popular galega. Asemade, foi durante séculos un dos momentos de nucleación social de maior tradición.
Ó redor da festa social da mata xerouse unha rica variedade de manifestacións culturais tradicionais. É un momento alegre e festivo.


Refráns 
San Martiño eiquí e aló, o patrón oficial da Matanza do Porco en Galicia.
Polo San Martiño, vai ó magosto e mata o porquiño.
Polo San Martiño, mata o porco e proba o viño.
Polo San Martiño, mata o teu porquiño.
A todo porco lle chega o seu San Martiño.

As nosas familias participan.


A mata do porco en Panton









Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comentario en proceso de revisión. Grazas!