23.11.19

Estamos de Aniversario

Xuntos facemos escola e a nosa escola está de aniversario,unha escola na que toda a comunidade colabora. 
Uníronse a nosa comunidade e apadriñaron tres aulas do noso centro, tres persoeiros da cultura galega: o poeta Antonio García Teijeiro, a escritora Ledicia Costas e o pintor Raúl Velloso.
O equipo de dinamización da lingua galega en nome do colexio quere agradecer a colaboración de todos e todas.
Grazas polas vosas achegas.







21.11.19

Estamos preparando o 70 Aniversario.

SETENTA ANIVERSARIO do CEIP Plurilingüe O Pombal


Este venres celebraremos o setenta aniversario.



Dende o Pombal queremos conmemorar de maneira moi especial, este importante acontecemento e como recolle a prensa:




A canción e a música para ese día é a seguinte:










Tedes máis información na páxina web do centro.

7.11.19

Novamente contamos con xogos que tan amablemente nos presta a asociación de xogos tradicionais e o concello do Grove. E este ano tamén estreamos os nosos propios xogos. 



 O pavillón do centro foi o campo de xogos para o alumnado de 3º,4ºe 5º, a zona de paso, foi o lugar de xogos para o alumando de 1º,2º e 3º, debido ao mal tempo tivemos que utilizar o gimnasio e os porches do colexio.




  O alumnado de E.Infantil gozou da xornada de xogos na súa zona. Elaboraron uns fantásticos cestiños para as súas castañas.


 O alumnado de 6º participou como colaboradores ,asesorando e axudando aos mais pequenos. Todos/as gozaron pasando polos  postos con propostas inxeniosas e que "molaban" moito.


 Para finalizar, chegou a papatoria das riquísimas castañas asadas que nos preparou o castañeiro que adoita estar polo barrio do Calvario.
 


PASÁMOLO  XENIAL!!