12.4.19

Premio Antón Fraguas

No curso escolar 2014-15

A Fundación Antonio Fraguas premiou o Proxecto "Lavadores: pasado e presente da nosa parroquia" que fixo o alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria do noso centro.

 O obxectivo do proxecto era dar a coñecer a orixe do antigo Concello de Lavadores e os seus elementos etnográficos máis salientables, para o que investigamos sobre o barrio, as fontes, os lavadoiros, o nome das rúas, etc. e traballamos dende todas as materias e áreas.








O proxecto expúxose no  Museo do Pobo Galego en Santiago e tamén no verbum en Vigo(Samil) - Fundación Antonio Fraguas e a mestra María F., coordinadora do proxecto, recolleu o premio.

Parabéns aos rapaces e ás familias polo esforzo e polo éxito desta aventura, así como ás mestras e mestres que fixeron posible este proxecto que pon en valor o noso barrio.

Se queredes podedes ver a GALERÍA DE FOTOS da excursión e do acto oficial, no que a mestra María, coordinadora do proxecto, recolleu o premio.


Aqui podedes visionar un pequeno  tráiler do que foi ese día.