70º Aniversario


Xuntos facemos escola e a nosa escola está de aniversario, unha escola na que toda a comunidade colabora. 

Uníronse a nosa comunidade e apadriñaron tres aulas do noso centro, tres persoeiros da cultura galega: o poeta Antonio García Teijeiro, a escritora Ledicia Costas e o pintor Raúl Velloso.

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega, en nome do colexio, quere agradecer a colaboración de todos e todas.
Grazas polas vosas achegas!





SETENTA ANIVERSARIO do CEIP Plurilingüe O Pombal

A primeira sorpresa, ao chegar ao colexio para darnos a benvida, foi ver o muro da entrada pintado co logotipo gañador do concurso, proposto  polo equipo de dinamización da Lingua Galega do colexio. Tal e como explicamos nas bases do concurso o logotipo identificará e ofrecerá unha nova imaxe do colexio e publicarase nas redes sociais. O autor do mesmo recibirá un agasallo.









Ii Concurso

 DeseñO DUN LOGOTIPO PARA O CEIP Plurilingüe O Pombal


 Con motivo do setenta aniversario do “CEIP Plurilingüe O Pombal”,  o equipo de dinamización da Lingua Galega do colexio propón a elaboración dun logotipo que o identifique e ofreza unha nova imaxe do centro. 


Bases do concurso

  1-Obxectivo:

Deseño dun logotipo destinado a ser a imaxe representativa do CEIP Plurilingüe O Pombal, en toda a difusión da información sobre o mesmo, a través da súa páxina web e noutros documentos.

  2-Requisitos:

 a.- O logotipo deberá reflectir a natureza do centro.

 b.- Que apareza o nome do centro : CEIP Plurilingüe O Pombal.

 c.- As súas dimensións serán de 10 x 10 cm.

d.- Deberá ter o fondo en branco. O seu deseño pode ser a cor ou en branco e negro.

e.- Non levará o nome do deseñador/a. Por detrás escribirá o seu  pseudónimo para ser identificado/a.

3- Participantes:

Poderá participar no concurso calquera membro da comunidade educativa e cada concursante poderá presentar un deseño.

  4.- Proposta:

O deseño será orixinal e inédito.

  5.- Documentación:

Entregarase, aos titores ou á coordinadora de EDLG do CEIP Plurilingüe O Pombal.  dentro dun sobre pechado, identificado coas palabras “Concurso Logotipo” que conterá no seu interior:

a. A folla de inscrición.

b. O logotipo.

6.-Prazo de presentación: O prazo para presentar os deseños comezará o 12 de abril e finalizará o 31 de maio as 14:00 h.

7.- O logotipo premiado recibirá un agasallo e publicarse nas redes sociais.

Propiedade intelectual: O logotipo premiado quedará en propiedade exclusiva e permanente do colexio CEIP Plurilingüe O Pombal, que terá completa liberdade para usalo total ou parcialmente ou para modificalo no momento e forma en que o considere necesario.






Fichainscripció

Ningún comentario:

Publicar un comentario