O Día das Letras Galegas 2020.

Cada 17 de maio, na cerna da primavera, celebramos que en Galicia temos unha lingua e unha literatura propia. A través dela rememoramos o pasado, nomeamos o presente e construímos o futuro.

Descarga aquí a ficha: Primavera das Letras(.pdf)


 
Como xa sabemos este ano as celebracións oficiais do Día das Letras Galegas aprazáronse para o 31 de outubro. será nesa data cando se leven a cabo os actos oficiais que As Letras Galegas dedican á figura de Ricardo Carvalho Calero, filólogo, escritor e mestre. 
Aínda así a RAG quere que o 17 de maio sexa unha celebración colectiva e para iso botaremos man das posibilidades que nos ofrece o mundo dixital. 

Letras Galegas 2020 Ricardo Carvalho Calero

Unidades didácticas para traballar por cursos.



Letras Galegas 2020 Ricardo Carvalho Calero

Unidades didácticas para traballar por cursos.


Tedes tamén  as unidades didácticas elaboradas pola Associaçom Galega da Língua (AGAL), en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística para divulgar a figura de Carvalho Calero entre a comunidade educativa. Dispoñedes de dúas versións (galego e portugués). Ligazón:

"As pitas baixo a choiva" é un proxecto pensado para alumnado desde os 3 ata os 12 anos e relacionado co persoeiro das Letras Galegas 2020. Ricardo Carvalho Calero e compartido pola Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra. 



Propoñémosvos estes xogos no cal hai que seguir pistas, descubrir códigos e contrasinais mentres se nos van revelando datos da vida e obra do autor homenaxeado polo Día das Letras Galegas 2020, Ricardo Carvalho Calero.


Seguimos Xogando.


A casa



Xogo recomendado para o terceiro ciclo.
Ruleta de preguntas sobre a vida e obra do autor homenaxeado este ano no día das Letras Galegas.


Actividades LIM O seminario Galán  propón actividades LIM para todos los cursos:


Preguntoiro musical. 



Actividades interactivas. 

Completar Poemas 
Proposta adaptada a tempos de confinamento.

Letras Galegas 2020: Carvalho Calero! Un "escape room" dixital.
(publicado por Patricia Sánchez)

É un xogo de pistas, códigos, investigacións... como unha serie de puzzles con informacións sobre o Día das Letras e sobre Carvalho Calero para ir descubrindo e que van dando contrasinais para ir de pista en pista obtendo información,



Un xogo que nos reta e pretende entreternos un anaco do día e, de camiño, descubrirnos a Ricardo Carvalho Calero e o seu enorme labor a prol da nosa lingua.







A autora di que  coida que o xogo funciona de xeito aceptable nos móbiles mais sempre será máis doado usalo en ordenador, é unha forma de achegar a celebración do día e tamén información sobre o homenaxeado, a súa vida e obra, aos fogares (ou aulas de informática...) Encantaríame que o probarades se vos apetece (e que participarades do "Cadavre Exquisito" final tamén...).




 









O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do colexio anímavos a participar nas seguintes iniciativas:


- Certame de Relatos Breves Feiraco, concurso convocado por esta empresa e a SXPL co fin de fomentar a creatividade literaria en galego. Debedes enviar, ata o 31 de maio, microrrelatos que comecen coa frase: “Á sombra daquel carballo centenario…”. Atoparedes as bases en: https://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias/_/Premios/convocatoria_0111/certame-relatos-breves-feiraco


- Certame Infantil de Artes Plásticas Feiraco 2020, outro concurso organizado pola entidade láctea e a SXPL, que premia obras plásticas do alumnado de 3 a 12 anos  nas que se reflictan o valor a lingua e a literatura galegas . O prazo de presentación remata o 31 de maio. Dispoñedes das bases en: https://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias/_/Premios/convocatoria_0112/certame-infantil-artes-plasticas-feiraco-2020



- Premio Literario Nortear para novos escritores de Galicia e Norte de Portugal, un certame de relatos curtos en galego ou portugués promovido pola Xunta de Galicia, a Dirección Rexional de Cultura do Norte de Portugal e mais a Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal ao que poden presentarse persoas de 16 a 36 anos, nadas e/ou empadroadas en Galicia ou na Rexión Norte de Portugal. Como podedes comprobar, a data límite para entregar os textos ampliouse ata o 30 de xuño (https://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/actualidade/novas/-/nova/X48527/modificanse-bases-sexta-edicion-premio-literario-nortear-para-adaptarse-limitacions). Tedes a convocatoria en:



Así mesmo, convídavos a que contedes o voso día de celebración das letras galegas.

- Contádenos o voso Día das Letras: un certame convocado pola RAG para promover entre os nenos e as nenas de infantil e primaria o desenvolvemento de actividades sobre Carvalho Calero. O prazo para envialas remata o 30 de xuño


CERTAME – CONTÁDENOS O VOSO DÍA DAS LETRAS



Primavera das Letras abre un espazo de participación para que os centros escolares de toda Galicia nos relaten como celebran o 17 de maio. O obxectivo é promover e festexar as nosas Letras durante toda a primavera. Entre todos os participantes sortearemos como agasallo varios lotes de libros. As escolas recibirán un diploma acreditando a súa participación.
BASES DO CONCURSO
1.O certame “Contádenos o voso Día das Letras” está aberto a todos os centros escolares de Galicia que impartan Educación infantil e primaria. O alumnado deberá desenvolver algunha actividade relacionada co autor homenaxeado no Día das Letras Galegas de 2020: Ricardo Carballo Calero.
2. Poderán presentarse proxectos desenvolvidos co alumnado de infantil e/ou primaria.
3. Cada centro poderá participar co proxecto ou proxectos que desexe, tanto con aqueles que poidan implicar o conxunto da comunidade escolar coma con outros de aula, curso, etapa etc.
4. Os responsables de cada proxecto amosarán na páxina web do seu centro, ou nun espazo virtual similar (bitácora da aula ou da biblioteca, canle de Youtube do colexio…) a actividade/s ou iniciativa/s realizada/s: contos, poesías, carteis, cancións, audios, vídeos…
5. Os centros deben enviar a/s ligazón/s correspondentes á/s súa/s iniciativa/s ao correo electrónico contacto@primaveradasletras.gal. Se non contan con páxina web ou blog, poden remitir o material a este mesmo enderezo. No asunto deberá indicarse “Certame Contádenos o voso Día das Letras” e o nome do centro.
6. As iniciativas recibidas incluiranse nun espazo especial da páxina web de Primavera das Letras.
7. O prazo de recepción do material pecha o 1 de decembro de 2020.
8. Sortearanse varios lotes de libros entre todos os centros participantes.

Outros concursos.

-Premios aRi[t]mar Galiza e Portugal: esta iniciativa xurdida na EOI de Santiago de Compostela para potenciar os vínculos entre Galicia e Portugal a través da música e a poesía, xa chegou á fase das votacións; logo da selección dos poemas finalistas, o público poderá votar ata o 20 de maio no web 
 
Máis información en:


 
- Enreguéifate 2020​: este concurso de regueifas mantén a data  de presentación dos vídeos ata o 29 de maio. Co fin de facilitarvos o traballo, a organización ofrécevos consellos para regueifar e instrucións para gravar: 


Premios de Podcast O Vello dos Contos “Xosé Mosquera Pérez”: este concurso que fomenta a difusión da figura de Carvalho Calero e do patrimonio inmaterial galego e portugués ampliou o período para remitir os audios ata o mes de setembro


Mostras gañadoras do Concurso-Exposición Letras Galegas 2020.







Serie de caricaturas de Ricardo Carvalho Calero.

O equipo de Dinamización da lingua galega pensa que vos poden ser moi útiles os seguintes recursos:



                                                                                                      


Outras propostas. 







As miñas primeiras Letras Galegas.


A Secretaría Xeral de Política Lingüística pon a disposición do público infantil esta serie audiovisual dos Bolechas, baseada na colección de libros do mesmo título, sobre a vida e a obra dos principais autores galegos homenaxeados no Día das Letras Galegas.

Capítulos publicados:

Preme no nome dos  autores para ver os videos.
Poema cantado

Ningún comentario:

Publicar un comentario