26.11.22

Publicación da entrada "Os instrumentos do Pórtico da Gloria" no portal da Lingua Galega.

  

    Dende o EDLG queremos informarvos da ledicia que sentimos pois a entrada "Os instrumentos do Pórtico da Gloria", do noso blog, foi escollida pola Secretaría Xeral de Política Lingüística para compartir, a través da Rede de Dinamización Lingüística, no portal da Lingua Galega. 

 

(preme na imaxe para ver o enlace) 

 

    A rede de Dinamización Lingüística optimiza os recursos dispoñibles asegurando uns niveis de eficiencia axeitados co obxectivo de incrementar a presenza social e mais o prestixio da lingua galega en toda a sociedade. 

 

    Parabéns tamén ao noso Equipo da Biblioteca. 

 

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario