6.5.22

Florencio Delgado Gurriarán - Letras Galegas 2022

Este ano dedícase o Día das Letras Galegas ao escritor valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán. 

O autor naceu en Córgomo (Vilamartín de Valdeorras) o 27 de agosto de 1903 e finou en Fair Oaks (California) o 14 de maio de 1987.

En México fundou a revista Vieiros, con Luís Soto e Carlos Velo, a Fundación do Padroado da Cultura Galega, a Irmandade Galeguista e o Ateneo de Galicia.

A súa obra está recollida nos libros Bebedeira (1934), Galicia infinda (1963), Cantarenas. Poemas (1934-1980) (1981) e O soño do guieiro (1985).

Tamén se encargou da selección e tradución de poemas franceses incluídos en Poesía inglesa e francesa vertida ao galego (1949) e da tradución de Cemiterio mariño de Paul Valéry.

A Real Academia Galega acordou dedicarlle o Día das Letras Galegas do ano 2022 fundamentalmente pola súa obra poética e pola súa defensa e militancia en prol dos valores democráticos.

Para coñecer máis da interesante vida deste autor recomendámosvos que visitedes a páxina da Real Academia Galega da Lingua, Primavera das Letras (pincha na seguinte imaxe), onte atoparedes unha biografía escrita por Ledicia Costas e ilustrada por Blaca Millán.   

 

E tamén na páxina da Real Academia Galega, a serie documental: O soño da Galicia Infinda.

 

Da man do Seminario Galán (pincha na seguinte imaxe) atoparedes, como cada ano, interesantes propostas para profundizar na vida e na obra de Florencio Delgado.

 

Podemos incluso atopar unha biografía en pictogramas:

 

Para saber máis da súa obra, non podemos deixar de visitar a páxina: As Letras de Florencio:

E incluso podemos escoitar algún poema, da súa propia voz:


O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo tamén nos achega a súa programación para este mes das Letras:

MAIO, MES DAS LETRAS

E algo diferente podemos atopalo na biblioteca pública de Vigo Juan Compañel, que
quere dar a coñecer a obra do homenaxeado, salientando non só a súa faceta de escritor e articulista, senón tamén o seu inxente labor cultural conectando o exilio de Latinoamérica con Galicia.

 


Para rematar as nosas recomendacións, xa sabedes que non podemos esquecer a nosa biblioteca Castelao, onde atoparedes unha escolla de libros relacionados co autor, seleccionados especialmente para vós.


Ningún comentario:

Publicar un comentario