18.3.22

Día da poesía - 21 de marzo

O día 21 de marzo celébrase o día da poesía, e este curso queremos empezar a gozar da poesía de Florencio Delgado Gurriarán, o autor ó que se lle dedica o día das Letras galegas.

Deixámosvos algunhas propostas que esperamos que vos gusten:

AO REISEÑOR 

 

 VALDEORRAS 

 



O SOÑO DO GUIEIRO

 

O SOUTO MORTO

 

LOANZA DOS NOMES ENXEBRES



7.3.22

Día 8 de marzo - día da muller

Esta semana xirará en torno á celebración do día da muller, o día 8 de marzo.

Temos moitos exemplos de mulleres galegas loitadoras que poden ser exemplo e referente para todas e todos, pero este ano soan moi forte as Tanxugueiras, por iso queremos destacalas nesta conmemoración.

Pinchade nas imaxes para escoitalas.

Tanxugueiras Eurovisión | El mensaje tras la canción 'Terra' de Tanxugueiras:  así suena y este es su significado en castellano | Las Provincias 

Para quen aínda non as coñeza, as Tanxugueiras son un trío de pandereteiras galegas formado por Aida Tarrío e as irmás xemelgas Olaia e Sabela Maneiro. 

Comezaron a traballar xuntas baixo o nome de Tanxugueiras en 2016. 

O nome do grupo provén da toponimia: trátase do nome dado a fincas nas que é habitual que haxa teixugos, e que na zona de Fumaces, municipio de Riós (provincia de Ourense), se denomina tanxugo. A particularidade destas fincas é que acostumaban a estar cerca das aldeas e eran zonas ás que non accedían os lobos, polo que ademais ten unha connotación de sitio seguro.

O grupo traballa coa música tradicional galega tratando de darlles ás pezas unha sonoridade máis contemporánea.

 TANXUGUEIRAS - Figa (Videoclip Oficial) - YouTube

Buscan tamén salientar temas como o respeto por la diversidade lingüística e o empoderamento da muller.

TANXUGUEIRAS - Midas (Videoclip Oficial) - YouTube

Distrutádeas, que veñen pra quedar!

E non deixedes de consultar as recomendacións da biblioteca: