28.10.21

O Samaín

Achégase o Samaín, e desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, queremos contarvos cal é a súa orixe e como se celebraba, para poder seguir mantendo viva a nosa tradición.

Orixe Celta:

A orixe do Samaín (etimoloxicamente: fin do verán) remóntase a ritos celtas relacionados coas labores agrarias e os ciclos solares, pero as influencias culturais e relixiosas de cada lugar déronlle unhas características singulares que lle confiren personalidade propia.

Na noite do 31 de outubro ao 1 de novembro, os celtas celebraban principalmente dúas cousas: o culto aos falecidos e a fin das colleitas. 

Abríase a porta ó reino dos mortos e honraban os familiares falecidos. Esto representábase cunha árbore, a árbore dos tempos.

Algunhas crenzas aseguran que os mortos volvían a visitar os familiares vivos, comer e quentarse co lume das lareiras, polo que era costume deixar comida e bebida na mesa, e o lume da lareira aceso toda a noite. E para guiar os mortos ata os seus fogares na escuridade da noite, acendíanse fogueiras e caveiras de inimigos mortos. Pero hai quen cre que esas caveiras se acendían para espantar as perigosas ánimas defuntas e errantes que volvían para saldar algunha conta pendente.

As caveiras foron substituídas posteriormente por nabos de gran tamaño e cabazas que se baleiraban e pintaban para que representasen caras, e ás que se lles metía dentro unha candea. Así xurdiu a tradición das cabazas de Samaín.

Influencia cristiá e chegada a América:

O cristianismo mantivo a data na que os celtas honraban os mortos pero substituíu a festa pagá do Samaín polo día de Todos os Santos. Precisamente a palabra Halloween, que designa esta festa en Estados Unidos, vén de “All Hallow’s Eve” (Vixilia de Todos os Santos). E foron os irlandeses os que levaron a festividade a América durante a súa emigración masiva de finais do século XIX e comezos do XX. O Halloween é a adaptación estadounidense do Samhain.

Actualidade en Galicia:

Na actualidade, a pesar de que Halloween goza de moita popularidade, en Galicia o Samaín mantén as súas propias manifestacións culturais:

- O magosto é probablemente o herdeiro directo en Galicia do Samhain celta. A súa orixe remóntase á Prehistoria, como festa de agradecemento polos froitos recollidos antes da chegada do inverno e tamén como acto social de reforzo da comunidade. En Galicia a colleita de castañas era unha forma de honrar os mortos, xa que cada castaña é a alma dalgún defunto que se acompaña ao ceo. De aí que ambas as dúas celebracións vaian da man. 

 


- O costume de tallar Cabazas provén das caveiras que os celtas iluminaban con candeas na noite de Samhain e poñían nos muros e nas entradas das casas para afastar as perigosas ánimas defuntas e errantes que saían nesta noite. As caveiras substituíronse por nabos, melóns, cabazos... que se tallan para representar caras. 



- Truco ou trato é un xogo importado do cine que sería a adaptación do costume celta de deixar doces na noite do 31 para ter contentos os espíritos que viñan do outro mundo. 


- O costume de disfrazarse non está moi claro de onde provén, mais podería estar relacionado con que nesta noite os mortos cobraban vida en forma de pantasmas, momias, bruxas etc. De aí os disfraces típicos desta data. Tamén hai quen di que a xente que tiña que saír de casa nesta noite poñía máscaras, capuchas etc. para non ser recoñecida polos espíritos. En Galicia o disfrace máis típico é o de esqueleto, para rememorar a nosa Santa Compaña. 


Agora que xa sabemos moito sobre o noso Samaín, queremos compartir con vós algunhas propostas:





e algo de música para bailar!




Non podemos deixar de recomendarvos que pasedes polo blog da nosa biblioteca, onde atoparedes unhas estupendas recomendacións para ler estes días: