21.9.21

BENVIDA Ó CURSO 2021-22

Ola a todas e a todos, benvidos un curso máis ao blog  do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CEIP Plurilingüe O Pombal. 

 

Neste curso 2021- 2022 seguiremos potenciando o emprego da lingua galega por parte de toda a Comunidade Educativa. Subiremos ao blog actividades, traballos, informacións, recursos que faciliten o emprego da nosa lingua e potencie o coñecemento da nosa cultura.

Esperamos que este blog sexa un medio dinamizador que tenda unha ponte entre a comunidade escolar e a lingua galega a través da rede, achegando as posibilidades educativas das TAC.

Galicia seguirá camiñando cara a un bo futuro porque sementaremos en vós o amor á nosa cultura e xuntos medraremos coa nosa lingua.

É importante coñecer as pegadas dos nosos antepasados, todos fixeron posible a Galicia actual.

 

 

Escoitade a escritora Yolanda Castaño e coñecede os homes e mulleres actuais que fomentan a Cultura Galega. https://youtu.be/6jSCa79WPy8

Animádevos a participar escribindo as vosas achegas ao seguinte correo:  elblogdelpombal@gmail.com