7.5.21

Xela Arias no CEIP Plurilingüe O Pombal

Despois da semana dedicada a Xela Arias con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, queremos compartir con vós os traballos feitos no Pombal a través dalgunhas fotografías. 

 

 Agasallo para Darío Gil na súa visita ó Pombal.

  



 Fixéronse chapas para conmemorar o día das letras e entregar tanto a Darío Gil na súa visita, como ao alumnado e profesorado. O deseño é da compañeira de Infantil Angélica. 
 


Decoración do colexio con motivo da conmemoración.



  
 

 


Queremos compartir tamén a sorte que tivemos de contar coa presenza de Darío Gil Arias, fillo da poeta homenaxeada. Os nenos e nenas de 6º fixéronlle unha entrevista e así todos puidemos aprender un pouco máis sobre Xela Arias da man do protagonista do seu libro Darío a diario.