3.12.20

SE TI O NADAL

Este curso de película, tamén o Nadal terá que celebrarse con distancia de seguridade, pero aínda así, non queremos perder a ilusión destes días. Por eso queremos deixarvos algunhas ideas para que o espíruto do Nadal entre nas aulas e nas casas. 

Esperamos que vos guste!




 

Recursos para traballar o Nadal:

Educación Infantil:  

Enche de cor o Nadal con estes mandalas: 

       

e con estes marcapáxinas (preme na imaxe para ver máis ideas):

            

1º ciclo:

Agasalla no Nadal enchendo o peúgo de palabras agarimosas (preme nas imaxes para ver máis):

      

2º ciclo:

Panxoliñas (preme nas imaxes para escoitar as panxoliñas):

                                                                        (imaxes de Leandro Lamas)

3º ciclo:

Desde o equipo de dinamización da linga galega queremos propoñervos un reto a todo o alumnado de 5º e 6º.  Gustaríanos que cada un de vós creedes un conto ou relato de Nadal que teña como protagonista ao Apalpador, un personaxe moi coñecido por todas e todos, para posteriormente compartilos con todo o cole. Así, a través dos vosos relatos poderedes visitar as diferentes aulas do centro, neste Nadal diferente. Se queredes participar so tedes que deixar voar a imaxinación e cumprir dúas condicións: Que o protagonista da historia sexa o Apalpador e que estea escrita en galego.

Podes acompañalo dalgunha ilustración. Anímate!

    

                                                        (imaxe de Leandro Lamas)
 


Ningún comentario:

Publicar un comentario