25.3.20

#opombalquedasenacasatamengalego

Os Equipos de dinamización da lingua galega propón  iniciativas que contribúan, tamén agora, ao fomento do noso idioma:

Curtas de animación do Programa Nós tamén creamos! que podedes atopar na aplicación do Xabarín Club http://www.crtvg.es/infantil/xabarin-tvg (premendo no X) e, así mesmo, en http://www.crtvg.es/infantil/programas/nos-tamen-creamos-2019.

Por outra banda, a organización do certame Olloboi 2020 acaba de convocar unha nova categoría, Olloboi COVIDeo Doméstico, á que poderán presentarse vídeos gravados desde os fogares. O curso Aprendo con Olloboi (https://blog.olloboi.com/aprendo-con-olloboi/) pode ser de moita axuda para realizar este traballo. Atoparedes máis información en https://www.olloboi.com/olloboi-codvideo/.

Alén das actuacións anteriores, cómpre destacar Aulas Galegas, un portal educativo sen ánimo de lucro que vén de nacer, no que un grupo de docentes pon á disposición de toda a comunidade escolar recursos didácticos e de lecer da maioría das materias curriculares, todos en galego. Podedes consultalos na seguinte ligazón:
https://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/equipos-de-dinamizacion-da-lingua-galega/novidades/_/contido_1249/portal-educativo-aulas-galegas
 





Novidades relacionadas cos equipos de dinamización da lingua galega

1.3.20

Xogos populares do magosto

Día de Rosalía

O 24 de febreiro celebraremos o día de Rosalía, recitando e rememorando algunhas das súas poesías e obras máis representativas.


Xogaremos coas actividades e xogos que elaboramos o ano pasado.


Os equipos de normalización e dinamización lingüística decidiron na última reunión presentar iniciativas para participar entre os equipos dos centros do Concello de Vigo.

O profesorado do CEIP. Dr. Fléming que nos envían esta proposta na idea de encontrar colexios que colaboren na iniciativa e tamén a fagan súa. O esquema da actividade e co nome e correo electrónico da profesora que se puxo en contacto co SNL atópase nesta ligazón: 


Día Internacional da muller

Con motivo da celebración do Día Internacional da muller temos as seguintes propostas:
Unidades Didácticas:
A unidade didáctica de Primaria e o solucionario están nas seguintes ligazóns:

Unidade didáctica Primaria



Convocatoria do III Concurso de carteis do 8 de marzo de 2020, Día Internacional da Muller

 O prazo de presentación remata o 20 de febreiro de 2020.

As bases do concurso pódense consulta no seguinte enlace:


Para obter máis información pódense realizar consultas nos seguintes teléfonos: Servizo de Promoción e Cooperación Institucional (Secretaría Xeral de Igualdade):

981 545 360- 981545312.