30.1.20

Carreira Solidaria polo día da paz

O acto do día da paz celebrouse o día 30 cun  concerto a cargo de tres alumnos do colexio e chocolatada a cargo da ANPA.

        Tamén fixemos unha carreira solidaria, colaboraremos con Discamino. Esta asociación xurde en Vigo no ano 2009 para unir discapacidade e Camiño de Santiago, e así axudar a persoas con problemas de mobilidade a cumplir o seu soño de peregrinar a Santiago.