28.5.19

Xogos tradicionais 2019

Por primeira vez,o alumnado do CEIP O Pombal, participou nos "Xogos populares" en Melgaço, organizado pola asociación Ponte..... nas Ondas.(se queredes saber máis prema enriba do cartel e teredes máis información)







Se premes enriba da foto poderás ver as fotos de  toda a rapazada .





3.5.19

Os maios 2019



Estimadas familias:

Os Maios son unha festa das máis fermosas da tradición galega estreitamente relacionadas coa chegada da primavera.
Dende a escola imos comezar os preparativos da Festa dos Maios e para iso precisamos da vosa colaboración.
Construiremos o noso maio e precisamos que traiades algúns destes elementos naturais: FIUNCHO, XESTAS, MARGARIDAS, ROSAS, CAMELIAS, PAMPULLOS, CALAS…..
Este material deberá traerse á escola o luns 6 de maio  ou martes 7 de maio e será depositado nas caixas que estarán colocadas no patio na zona do areeiro entre os dous edificios.

Grazas pola vosa colaboración.