18.12.18

No Nadal le en Galego


Un libro en galego para o Nadal é a proposta coordinada dos equipos de Dinamización e Biblioteca do noso colexio. Cada alumno leva información sobre  o libro que traballaremos despois de Nadal.

A información sobre actividades e obradoiros de animación a lectura tédela no blog da biblioteca.

14.12.18

O Apalpador

O Apalpador  visita o noso barrio




e pasa polo CEIP Plurilingüe o POMBAL


Podemos participar nun concurso de debuxos no noso barrio.
Tamén:




11.12.18

Panxoliñas no Pombal

Nadal 2018

Imos cantar panxoliñas, desfrutade con elas.




PRIMARIA

6º A   a  1º  A
6º B   a  1º  B
5º A   a  2º A
5º  B  a  2º  B
4º A  a  3º A
4º B  a 3º  B

Tamén poden cantar ao alumnado de infantil.

CANTIGAS                                        Curso:

BUSCANDO PAPA NOEL                 Infantil

NADAL NO SAN XOÁN                    1º A, 1º B, 2º A, 2º B

AS XANEIRAS                                  3º A ,  3º B

OBLADÍ, OBLADÁ  PANXOLIÑA      4º A,  4º B,  5º A, 5º B,  6º  A,  6º  B

Ande, ande, ande                           6º A  e  6º B
















 

9.12.18

Achegas das familias : Polo San Martiño, mata o teu porquiño.


O porco na culura popular galega

A mata do porco, tamén denominada matanza
Representa —sobre todo noutras épocas— a principal fonte de abastecemento de carne da familia rural para todo o ano, ademais de constituír, xunto co Entroido, unha das formas máis representativas da cultura popular galega. Asemade, foi durante séculos un dos momentos de nucleación social de maior tradición.
Ó redor da festa social da mata xerouse unha rica variedade de manifestacións culturais tradicionais. É un momento alegre e festivo.


Refráns 
San Martiño eiquí e aló, o patrón oficial da Matanza do Porco en Galicia.
Polo San Martiño, vai ó magosto e mata o porquiño.
Polo San Martiño, mata o porco e proba o viño.
Polo San Martiño, mata o teu porquiño.
A todo porco lle chega o seu San Martiño.

As nosas familias participan.


A mata do porco en Panton









6.12.18

Concurso Pilabot

A Xunta de Galicia xunto a Ecopilas, ERP e Ecolec, promoven esta campaña de recollida selectiva de pilas e acumuladores portátiles nos centros educativos de primaria e secundaria de Galicia.

Así nace o Concurso Pilabot, no que se repartirán catro premios entre os centros educativos que máis pilas recollan.


O noso centro participa no concurso Pilabot